Editors: Marko Crnogorac & Fernanda Martínez
lunes, 10 de febrero de 2014
Constitución de GEN
O pasado día 30 de xaneiro a Comisión de Investigación da Universidade de Vigo deu o seu visto bo á constitución do grupo de investigación GEN (Governance and Economics research Network). Dirixido polo catedrático de Economía Aplicada, Santiago Lago, e con sé no Campus de Ourense está formada por 21 investigadores de distintas universidades, tanto nacionais como extranxeiras. Os seus ámbitos de interese son tres: a economía pública, a economía rexional e sectorial e a empresa familiar. A súa filosofía de traballo en rede ten como obxectivo transferir coñecemento útil para o deseño e a execución de estratexias económicas e políticas públicas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario